Sunday 19 de May de 2024

Mateo Boudjenane proclámase campión  do V Open Internacional da Vendima


 

Ata Logroño desprazouse esta fin de semana o taekwondista ordense Mateo Boudjenane, integrante do club Boudsport. Alí este sábado proclamouse campión do V Open Internacional da Vendima, tras superar en cuartos de final a Cataluña por 17-9 e, posteriormente, a Euskadi, tanto na semifinal como na final, por 15-2 e 17-10 respectivamente.